Cortegada
Meréns
Arnoia
Ribadavia
Neste tramo, o Camiño intérnase de novo entre sobreiras, carballos e piñeiros que nos acompañarán ao longo do traxecto, a natureza sorprenderanos, pequenas aldeas, como
San Bieito onde podemos ver o "humilladoiro" de
Meréns, seguindo o Miño chegaremos a
Arnoia e finalmente a
Ribadavia antiga capital do Reino de Galicia.
Tramo 1: Cortegada - Meréns
- Lonxitude: 3,60 Km.
- Dificultade: Baixa
- Duración estimada: 0 h. 47 min.
Seguimos por unha pista asfaltada á dereita que nos leva ata a
igrexa de San Bieito (San Benito) pasando antes polo lugar dos
Muíños. Desde alí dirección norte e por estrada ata chegar pouco antes do núcleo de
Meréns onde collemos á esquerda un camiño que nos achega ata a entrada da aldea, ascendemos polo camiño que nos levará a un
peto de ánimas e a
Casa dos Sarmiento, chegamos ata a igrexa parroquial, na que no seu interior hai unha ara romana, continuando á dereita ascendendo pola aldea á saída collemos un camiño de terra entre muros cun ancho de 3 m e con tramos lousados ata chegar ao outro camiño de terra máis ancho.
Tramo 2: Meréns - Arnoia
- Lonxitude: 4 Km.
- Dificultade: Baixa
- Duración estimada: 0 h. 52 min.
Desde
Meréns entraría o roteiro polo camiño de terra que chega ata as aldeas de
Lapela e
Remil (Arnoia), tomando o camiño lousado e de terra, entre muros e cun ancho duns 3 metros, que vai descendendo ata chegar ás
Poldras que se cruzan sobre o
río Arnoia, preto da casa reitoral ou priorado do Mosteiro de Celanova e da igrexa parroquial de San Salvador.
Tramo 3: Arnoia - Ribadavia
- Lonxitude: 5,50 Km.
- Dificultade: Baixa
- Duración estimada: 1 h. 12 min.
O camiño vai ascendendo pola parte vella de
Paixón e
Sendín, onde se atoparon dúas aras romanas depositadas no Museo Arqueolóxico de Ourense, ata a
capela de San Amaro (
outra máis neste camiño, con santo dedicado á curación e axuda a enfermos e camiñantes). Desde aquí seguimos por pista asfaltada ata
A Porqueira (
fermoso peto de ánimas) e logo ata o núcleo de
Reza onde desde moi antigo había un paso de barca que era utilizado para cruzar o
río Miño ata a aldea de
Francelos e desde alí ata a vila de
Ribadavia. Na actualidade o roteiro continúa por pista asfaltada ata chegar a ponte actual que cruza o Miño entrando en terras de Ribadavia, continúa pola estrada ata a pasarela peonil que cruza o
río Avia para introducirse na
vila de Ribadavia pola Porta Nova.
Galería de fotos:
Documentos:
Ligazóns: