Lobios
Entrimo
Bouzadrago
Ameixoeira (Portugal)
A configuración do terreo lévanos a transitar por camiños empedrados e pontes históricas, como a que aparece en
Pacín, e ver sedutores exemplos de arquitectura popular e relixiosa:
igrexas, cruceiros ou lavadoiros de pedra sáennos ao camiño.
Tramo 1: Lobios - Entrimo
- Lonxitude: 5,30 Km.
- Dificultade: Media-Alta
- Duración estimada: 1 h. 9 min.
Saímos de
Lobios polo núcleo máis antigo ata chegar á igrexa parroquial, onde cruzaremos outra ponte histórica para proseguir dirección ao municipio de
Entrimo. Entramos no municipio de Entrimo pola paraxe coñecida como
A Sobreira ata a aldea de
Quintáns onde nos atoparemos coa
capela de San Antonio, dirección
Feira Vella, séguese ata o lugar de
O Casal, cruzando antes pola ponte histórica de
Pacín, nesta aldea hai unha
capela dedicada a San Miguel. Proseguimos polo camiño ata chegar ao lugar de Terrachá onde atoparemos a
igrexa dedicada a Santa María a Real, con referencias documentais e toponímicas que sinalan a existencia dun antigo Hospital e unha capela dedicada a San Xoán.
Tramo 2: Entrimo - Bouzadrago
- Lonxitude: 4,20 Km.
- Dificultade: Media-Alta
- Duración estimada: 55 min.
O camiño segue ata a aldea de
Ferreiros pasando antes por un pontón histórico no
regato de Medán. Desde Ferreiros seguimos o camiño, que en tramos está lousado e entre muros, ata chegar ao pontón de
O Folón, seguindo o camiño levaranos á aldea de
Bouzadrago onde nos atoparemos unha capela cunha imaxe no altar maior de
Santiago Peregrino.
Tramo 3: Bouzadrago - Ameixoeira (Portugal)
- Lonxitude: 5,40 Km.
- Dificultade: Media-Alta
- Duración estimada: 1 h. 10 min.
Saíndo desta aldea, o camiño prosegue dirección norte ata a aldea de
Pereira onde nos atoparemos cunha
igrexa dedicada a San Facundo, chegamos a unha bifurcación e collemos á dereita por un camiño lousado e imos ascendendo por unha paraxe de serra, ata chegar á divisoria da mesma onde o vello camiño foi transformado en pista forestal que nos levará a lugar de
Ameixoeira (Portugal). O tramo portugués está pendente do estudo histórico, desde a Ameixoeira o camiño segue
dirección Castro Leboreiro.
Galería de fotos:
Documentos:
Ligazóns: