Desde o lugar de Lindoso (Portugal), o Camiño entra en Galicia polo lugar da Madalena no concello de Lobios.
Tramo 1: A Madalena - Compostela
Lonxitude: 2,8 Km
Dificultade: Baixa
Duración estimada: 42 min
Desde A Madalena, seguiremos por estrada OU-540 durante 2,2 Km, logo á dereita collemos pista ascendente para chegar ao lugar de Compostela.
Tramo 2: Compostela - Aceredo
Lonxitude: 2,5 Km
Dificultade: Media-Alta
Duración estimada: 38 min
Cruzando a aldea de Compostela chegaremos á Igrexa de San Salvador de Manín, neste lugar colleremos un camiño á esquerda descendente, por pista asfaltada, para chegar ao lugar da Escusalla (Lugar envolto en historias misteriosas), seguimos o camiño que nos levará novamente á estrada OU-540, a uns 300 metros chegaremos á aldea de Santiago de Aceredo.
Tramo 3: Aceredo - Lobios
Lonxitude: 5 Km
Dificultade: Media-Alta
Duración estimada: 1 h 50 min
Imos achegando a Lobios, seguimos por estrada 3,2 km ao cruzar a ponte, á dereita colleremos camiño ascendente que nos levará a un fermoso cruceiro do século XVI (neste punto únese o itinerario que vén desde Portela de Home), deixaremos o cruceiro á dereita para seguir por pista asfaltada para chegar a Lobios.
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.