Warning: exec() has been disabled for security reasons in /home/cam1n0minoto/public_html/1.0/includes/inicio.php on line 585 O cartel da Festa do Polbo está dedicado ao Camiño Miñoto Ribeiro
Camiño Xacobeo Miñoto - Ribeiro | O Camiño de Santiago - O Camiño Portugués
A Festa do Polbo do Carballiño celebrarase o próximo 13 de agosto, aínda que días antes haberá actividades paralelas, xa tradicionais, como a preparación da tapa máis grande do mundo ou a festa das penas. Este venres presentouse o cartel que anunciará a cita gastronómica. É obra da artista carballiñesa Ari Quintas, que tamén foi a responsable do traballo do ano pasado.
O motivo central desta edición é o Camiño Miñoto-Ribeiro, que percorre tamén parte desta comarca e que pretende conseguir canto antes a declaración oficial de Camiño Xacobeo. Para potenciar este roteiro, a Festa do Polbo deste ano está dedicada a esta variante do camiño a Santiago
Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.