Camiño Xacobeo Miñoto - Ribeiro

Data histórica para o Camiño Miñoto Ribeiro

Fonte: Asociación Camiño Miñoto 12/06/2019

Data histórica para o Camiño  Miñoto Ribeiro
Convocados polo Conselleiro de Cultura e Turismo D. Román Rodríguez González e, polo presidente da Asociación de municipios do  Camiño  Miñoto Ribeiro D. Avelino Luis de Francisco Martínez, na localidade portuguesa de Castro  Leboreiro ( Melgaço-Portugal); reúnense os representantes municipais dos diferentes concellos galegos polos que transcorre o  Miñoto Ribeiro, os representantes das cámaras municipais portuguesas por onde discorre este vial, desde a veciña cidade de Braga e o equipo de Investigación oficial do  Camiño  Miñoto Ribeiro, co fin de dar a lombeirada oficial e final a este proxecto de recuperación do vial xacobeo  Miñoto Ribeiro.
 
É preciso facer unha mención especial ao traballo de delimitación do  Camiño  Miñoto Ribeiro que por entón estaba a realizar un membro do equipo de Investigación Oficial,  J. Lamas  Bértolo por encargo expreso do presidente da Asociación de municipios do  Camiño  Miñoto Ribeiro; como colofón aos traballos encamiñados á parte final administrativa solicitado desde a Consellería de Patrimonio. Neste encontro, fáiselle entrega ao conselleiro, dun anticipo do estudo de delimitación.
Enderezo
Rúa Otero Novas, 1
32200 Cortegada (Ourense) - Galicia
Email

info@caminominotoribeiro.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar