Camiño Xacobeo Miñoto - Ribeiro

Paseo polo concello de Forcarei

Fonte: Asociación Camiño Miñoto 01/03/2020

Paseo polo concello de Forcarei
Terra de grandes "canteiros", que deixaron as súas obras esparexidas a todo o longo e ancho da xeografía nacional e tamén fora das nosas fronteiras.
Foi berce de xente ilustre como Avelino Cachafeiro (gaiteiro de recoñecido prestixio internacional).
 
Neste municipio existen grandes monumentos como o que citamos a continuación:
 
• O mosteiro de Santa María de Aciveiro foi un mosteiro medieval  cisterciense que vertebrou a vida económica e social da Terra de Montes desde a súa fundación, no século  XII, ata a exclaustración producida pola desamortización no século  XIX, concretamente no ano 1842, data na que tivo lugar a súa poxa pública.
 
Na actualidade a igrexa serve como igrexa parroquial mentres que as dependencias  monacais foron obxecto de restauración e acollen un hostal-monumento.
Está considerado Monumento Histórico Artístico desde o ano 1931 e, na actualidade, tamén ten a consideración de Ben de Interese Cultural. Torre de aviso de Castrelo.
 
Dos seus monumentos e historia destacamos:
 
Castro de Loureiro, Lagoa Sacra, Mosteiro de Acibeiro, Grovas (aldea mineira abandonada), Serra do Candán (espazo natural protexido), Ponte Gomail (romano), Ponte de Andón ( Acibeiro).
Enderezo
Rúa Otero Novas, 1
32200 Cortegada (Ourense) - Galicia
Email

info@caminominotoribeiro.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Política de Cookies Aceptar